domingo, 18 de agosto de 2013

O big bang

 Big bang


Alí estaba, alimentándome de nada,
conformada con todo.
Na atalaia sentada,
enchéndome de arrecendos.
Oíndo o sibilar dos meus pulmóns,
pasos ao longo do pasillo.
Non alcendín a lus,
quedéi a espera .
Os sons coñecidos, 
tiñan outra dimensión.
Oín o meu nome,
non me movín.
Adiviñache  o lugar,
o sitio exacto.
Silenzo espeso,
a noite pecha.
O peito coma un fol,
a dous acompasado.
Pasaron anos,
vendo nebulosas.
Nascéronme ás,
que te voaron.
Rachou a noite,
fóise o silencio.
O big-bang,
nun metro cadrado.
Fai décadas,
e aínda brilan estrelas.



2 comentarios:

  1. Ahí, ese intre insignificante significou a vida en xeral e tamén o infinito de ese infindo finito.

    ResponderEliminar